Retrato do Sistema Solar

Créditos: Voyager Project, NASA
Créditos: Voyager Project, NASA

Explicación: hai 25 anos, noutro día de san Valentín, a nave espacial Voyager 1, que viaxaba a seis mil catrocentos millóns de quilómetros desde o Sol, mirou atrás por derradeira vez para facer este primeiro retrato de familia do sistema solar. O retrato completo é un mosaico de 60 cadros feito desde o punto privilexiado a 32 graos por riba do plano da eclíptica. Nel, a cámara gran angular da Voyager varre o sistema solar interior á esquerda, unido ao xigante de gas Neptuno, o planeta máis exterior do sistema solar, no extremo dereito. As posicións de Venus, a Terra, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno están indicadas por letras, mentres que o Sol é o punto brillante preto do centro do círculo de fotogramas. Os cadros inseridos para cada un dos planetas son da cámara de campo estreito da Voyager. Non se ve no retrato a Mercurio, demasiado preto do Sol para ser detectado, nin Marte, desgrazadamente agochado pola luz solar difundida polo sistema óptico da cámara. Máis achegado ao Sol ca Neptuno nese intre, a posición do pequeno e tenue Plutón non se retratou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo