Retrato da Gran Nebulosa de Orión

Créditos da imaxe e copyright: (infravermello) NASA, Spitzer Space Telescope; (visible) Oliver Czernetz, Siding Spring Obs.
Créditos da imaxe e copyright: (infravermello) NASA, Spitzer Space Telescope; (visible) Oliver Czernetz, Siding Spring Obs.

Explicación: a Gran Nebulosa de Orión é un lugar cheo de cor. Visible a ollo ceibe, aparécese coma unha pequena mancha borrosa na constelación de Orión. Porén, as imaxes de longa exposición e en multitude de lonxitudes de onda coma esta amosan unhanebulosa de Orión coma unha veciñanza ocupada de estrelas novas, gas quente e poescuro. Esta composición dixital amosa non só as tres cores da luz visible senón tamén as catro cores da luz infravermella tomada polo Telescopio Espacial Spitzer da NASA en órbita. A potencia por tras de gran parte da nebulosa de Orión (M42) está no Trapezium; catro das estrelas máis brillantes da nebulosa. Moitas das estruturas filamentarias que se ollan son realmente ondas de choque; frontes onde o material que se move veloz se atopa co gas que se move amodiño. A nebulosa de Orión abarca uns 40 anos luz e estálocalizada a uns 1.500 anos luz de distancia no mesmo brazo espiral da nosa galaxia cóSol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo