Un estudo do CSIC desvela as goridas dos polbos nas illas Cíes

O grupo Ecobiomar, do Instituto Investigacións Mariñas do CSIC, vén de detectar as zonas óptimas para o crecemento das larvas de polbo común (Octopus vulgaris) no entorno das illas Cíes. O descubrimento é froito de máis de trinta campañas de estudo a bordo do buque Mytilus, no marco do proxecto de investigación Lareco (Larval Ecology), que contou coa colaboración das universidades de Aberdeen (Escocia) e Lisboa (Portugal).

O estudo desvelou que as larvas de polbo non son partículas inertes que se distribúen de forma aleatoria na auga, senón que habitan en áreas concretas que facilitan a súa supervivencia porque alí atopan as condicións abióticas e o alimento adecuado para o seu crecemento óptimo.

Publicidade

Do mesmo xeito, o traballo identificou a dieta das larvas a través de novedosos métodos de bioloxía molecular e xenómica. Observouse que se alimentan, fundamentalmente, de varias familias de crustáceos, sobre todo decápodos, así como de varias familias de peixes e plancton.

O estudo utilizou novidosos métodos para identificar a dieta das larvas

Ángel F. González, investigador principal do proxecto e xefe do grupo, destaca que levan “casi vinte anos” investigando as larvas de polbo nas rías galegas, onde se produce un afloramento estacional e a especie “soporta a pesquería artesanal máis importante de Europa”. Insiste González na importancia de abordar de xeito “multidisciplinar” a “influencia dos parámetros atmosféricos e oceánicos da ría de Vigo na abundancia, distribución e ecoloxía trófica das larvas”. O investigador subliña tamén que “esta información ten unha notable importancia para o desenvolvemento do cultivo integral da especie”, xa que ata agora se descoñecía na natureza “a escala mundial” cales eran os alimentos apropiados para as larvas.

Publicidade

O traballo de campo realizouse arredor do Parque Nacional das Illas Atlánticas mediante trinta campañas nocturnas de 12 horas e catro campañas de 24 horas. Os resultados destas investigacións publicaronse en importantes revistas como Fisheries Oceanography ou Progress in Oceanography.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O polbo galego estase a mudar ao Reino Unido?

Os pescadores do suroeste de Inglaterra viviron en 2025 o maior 'boom' de 'Octopus vulgaris' nos últimos 75 anos

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

“Ver” coa pel: o enigma visual de polbos, chocos e luras

Os ollos dos cefalópodos conteñen un único tipo de proteína fotosensible, o que equivale a ver en branco e negro. Por Antonio Figueras