Reflexos dos 1970s

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona

Explicación: os 1970s son ignorados ás veces polos astrónomos, como este fermoso grupo de nebulosas de reflexión de Orión (NGC 1977, NGC 1975 e NGC 1973), normalmente desdeñados en favor do brillo máis intenso da gardería estelar achegada que se coñece preferentemente coma a Nebulosa de Orión. Estas nebulosas de reflexión, que se atopan ao longo da espada de Orión xusto ao norte do brillante complexo da Nebulosa de Orión, tamén están asociadas coa xigante nube molecular de Orión a uns 1.500 anos luz de distancia, pero están dominadas pola característica cor azul do po interestelar que reflicte a luz procedente de estrelas novas e quentes. Nesta definida imaxe en cor aparece unha parte da Nebulosa de Orión ao longo do bordo inferior co cúmulo de nebulosas de reflexión no centro do cadro. NGC 1977 estrícase por todo o eido xusto por baixo do centro, afastada de NGC 1973 (arriba á dereita) e NGC 1975 (arriba á esquerda) por rexións escuras amalloadas pola tenue emisión vermella dos átomos de hidróxeno. Consideradas xuntas, as rexións escuras suxírenlle a moitos a forma dun home correndo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo