Piares e chorros na nebulosa Pelicano

Piares e chorros na nebulosa Pelicano
Créditos da imaxe e copyright: Larry Van Vleet (LVVASTRO).

Explicación: que estruturas escuras xorden desde a nebulosa Pelicano? A nebulosa Pelicano, que pode ollarse coma unha nebulosa con forma de paxaro precisamente cara a constelación dun paxaro (Cygnus, o Cisne), é un lugar punteado con estrelas recén formadas pero lixadas de po escuro. Estes grans de po do tamaño do fume formáronse nas atmosferas frías de estrelas noviñas e espalláronse polos ventos estelares mailas explosións. Poden verse impresionantes chorros Herbig-Haro emitidos por unha estrela á dereita que está a axudar a destruír o piar dun ano luz de lonxitude que o contén. A imaxe publicada foi coloreada cientificamente para salientar a luz emitida polas pequenas cantidades de nitróxeno, osíxeno e xofre, ionizados, da nebulosa que está feita sobre todo de hidróxeno e helio. A nebulosa Pelicano (IC 5067 e IC 5070) está a uns 2.000 anos luz de distancia e pode atoparse cun telescopio pequeno ao norleste da brillante estrela Deneb.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns