Piares de luz sobre Alasca

Créditos da imaxe e copyright: Allisha Libby
Créditos da imaxe e copyright: Allisha Libby

Explicación: que está a acontecer por tras destas casas? Aquí non se fotografaron auroras senón os máis próximos piares de luz, un fenómeno achegado que pode semellar afastado. Na maioría dos lugares da Terra, un observador afortunado pode ver un piar do Sol, unha columna de luz que parece estenderse cara arriba desde o Sol provocado polos cristais de xeo planos que vibran reflectindo a luz solar da atmosfera superior. Normalmente estes cristais de xeo evapóranse antes de chegar ao chan. Porén de haber temperaturas de conxelación, os cristais planos de xeo vibrantes poden formarse preto do chan nunha forma de neve luminosa, chamada ás veces brétema de cristal. Daquela, estes cristais de xeo poden reflectir as luces terrestres en columnas non moi diferentes dun piar solar. A imaxe publicada tirouse en Fort Wainwright, preto de Fairbanks en Alasca central.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira