Panorama urbano de Manhattan

Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda
Créditos da imaxe e copyright: Stan Honda

Explicación: as luces da cidade brillan ao longo da beira do leste superior de Manahattan nesta espectacular paisaxe urbana celeste nocturna do 13 de febreiro. Composta a partires dunha serie de exposicións dixitais, a imaxe monocroma é unha reminiscencia da época cando a película sensible ao branco e negro era unha escolla popular para a tenue luz nocturna e a astrofotografía. Os 22 fotogramas combinados, que abarcan 2 minutos e 40 segundos, miran ao través da reserva do Parque Central da cidade de Nova York. As estrelas deixan o rastro na secuencia de imaxes mentres as nubes á deriva fan debuxos no ceo. A liña punteada na escena surreal, perfilada desde arriba ata abaixo, é a Estación Espacial Internacional baixo a luz solar e dirixíndose ao horizonte surleste. Os curtos intervalos de tempo entre as fotografías deixan ocos no ronsel brillante da estación espacial.

Vigo, 22 de febreiro, 19:00 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel, charla sobre as mellores imaxes do APOD do último ano.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira