O Setestrelo mellorado

Setestrelo
Créditos da imaxe e copyright: VegaStar Carpentier.

Explicación: ollas? Esta pregunta común precede adoito ao redescubrimento dunha das configuracións de estrelas máis comunmente recoñecidas do ceo setentrional: o Setestrelo. Este grupo de estrelas é unha das poucas cousas que posiblemente xa miraches; e que será mirada por cada xeración humana. Porén, nesta imaxe publicada as estrelas do Setestrelo melloráronse dixitalmente; realmente non aparecen deste xeito, máis brillantes cás estrelas achegadas. A fotografía tirouse a comezos deste mes desde Francia. O propio Setestrelo non é unha constelación. Aínda que forma parte da constelación da Gran Osa (Ursa Major), o Setestrelo é un asterismo que se coñece por nomes diferentes para sociedades diferentes. Cinco das estrelas do Setestrelo están realmente preto unhas doutras no espazo e probablemente se formaron ao mesmo tempo. Os movementos estelares relativos farán que o Setestrelo vaia cambiando paseniñamente a súa configuración aparente durante os vindeiros 100.000 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns