O planeta anano Ceres

Créditos da imaxe e licenza: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS,DLR,IDA Composición: Justin Cowart
Créditos da imaxe e licenza: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS,DLR,IDA Composición: Justin Cowart

Explicación: o planeta anano Ceres é o obxecto máis grande do cinto principal de asteroides do Sistema Solar, cun diámetro duns 950 quilómetros. Ceres óllase aquí en cores verdadeiras aproximadamente, baseado nos datos procedentes da sonda espacial Dawn gravados o 4 de maio de 2015. Nesa data, a órbita da Dawn ficaba 13.642 quilómetros por riba da superficie do pequeno mundo. Dúas das famosas e misteriosasmanchas brillantes de Ceres no cráter Oxo e no cráter Haulani están preto do centro é a dereita do centro nesta imaxe. Proxectando unha sombra desveladora na parte inferior está a montaña solitaria de Ceres, con forma de cono, Ahuna Mons. A sonda espacial de propulsión iónica Dawn, na actualidade a uns 385 quilómetros por riba da superficie de Ceres, está agora a enviar imaxes desde a súa órbita de cartografado máis achegada.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo