Google Fish View, o Street View do mar

Con Google Street View podiamos ver calquera rúa, tenda ou edificio. Agora con este novo Google Fish View podemos comezar a visitar distintos puntos dos Océanos.

Imaxe de Google Fish View.
Imaxe de Google Fish View.

 

A colección de imaxes da Gran Barreira de Coral foi parte do primeiro grupo de panorámicas subacuáticas que se engadiron a Google Maps, o seguinte paso para proporcionar aos usuarios o mapa máis completo, preciso e útil do mundo. Grazas a estas coloridas e cegadoras fotos, non é necesario que sexas mergullador nin que saibas nadar para explorar e gozar de seis dos arrecifes de coral vivo máis incribles dos océanos. Agora, calquera persoa pode converterse no seguinte Jacques Cousteau e mergullarse xunto a tartarugas e peixes.

Publicidade

Captura-de-pantalla-2015-06-22-a-las-15.35.231

Xa se pode usar Google Maps para atopar unha tartaruga mariña nadando xunto a banco de peixes, seguir a unha manta e gozar do atardecer no arrecife. Ademais, pódese aprender moito máis sobre este arrecife mediante o proxecto World Wonders Project, un sitio web que leva a Internet sitios modernos e antigos que foron nomeados patrimonio da humanidade.

O servizo traballa en asociación co Catlin Seaview Survey, un importante estudo científico dos arrecifes do mundo, para poñer estas incribles imaxes a disposición de millóns de persoas a través da función Street View en Google Maps. O Catlin Seaview Survey usou unha cámara subacuática especialmente deseñada, a SVII, para facer estas fotos.

Publicidade

Todos os biólogos mariños, mergulladores ou curiosos poderán mergullarse no océano e exploralo con Google Maps.

Antonio Figueras
Antonio Figuerashttp://iim.csic.es/es/estructura/11-inmunologia-y-genomica
Profesor de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O océano está cheo de oíntes… e a maioría escoita mellor ca nós

O son viaxa aproximadamente 4,5 veces máis rápido en auga de mar que no aire. Por Antonio Figueras

O microbioma do océano: cando un órgano invisible decide quen sobrevive

Non se trata só de microbios illados, senón de comunidades completas de bacterias, virus, arqueas e protistas, xunto coa súa información xenética e os compostos químicos que producen

Respirar baixo a auga: a incrible historia evolutiva dos mamíferos mariños

As baleas, os golfiños, as focas e os manatís reinventaron a respiración, o sono, a reprodución e o control cardiovascular para vivir baixo a auga

Aceite de palma na ría: calma oficial, ciencia ausente

O investigador do IIM-CSIC Antonio Figueras advirte do impacto físico e biolóxico do produto no ecosistema mariño