O espectro dun flash do Sol

Créditos da imaxe e copyright: Len Fulham
Créditos da imaxe e copyright: Len Fulham

Explicación: nun flash, o 9 de marzo o espectro visible do Sol cambiou da absorción á emisión durante a eclipse total solar. Ese intre fuxidío, ao comezo da fase total da eclipse, está capturada polo teleobxectivo e a grella de difracción nesta imaxe dos ceos despexados sobre Ternate, Indonesia. Á esquerda, a luz cegadora do Sol está bloqueada xusto polo disco lunar. O espectro da fotoesfera solar, normalmente dominado pola absorción, está agochado. O que queda, esparexido pola grella de difracción nas cores do espectro do Sol eclipsado, á dereita, son imaxes individuais da eclipse. As imaxes aparecen para cada lonxitude de onda da luz emitida polos átomos ao londo do delgado arco visible da da cromosfera solar e nunha prominencia enorme que se estende máis alá do limbo superior do Sol. As imaxes máis brillantes, ou liñas de emisión cormosférica máis fortes, débense aos átomos de hidróxeno que producen a emisión vermella do hidróxeno alfa no extremo dereito e a emisión azul do hidróxeno beta á esquerda. No medio, a brillante imaxe de emisión amarela está provocada por átomos de helio, un elemento que se descubriu por primeira vez no espectro flash do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Conta atrás para a eclipse parcial de Lúa: por que se tinguirá de vermello e cando acadará o seu máximo

O fenómeno comezará ás 4.34 horas e rematará ás 9.01, sen que se precisen lentes especiais para a súa observación

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman