Despega a misión ExoMars

Despegue do foguete Protón coa nave Exomars dende Baikonur.
Despegue do foguete Protón coa nave Exomars dende Baikonur.

Este luns a Axencia Espacial Europea e a rusa Roscosmos lanzaron Exomars 2016, unha misión con dous protagonistas: o orbitador TGO que analizará os gases da atmosfera marciana para buscar signos de actividade biolóxica ou xeolóxica, e o demostrador tecnolóxico Schiaparelli, que aterrará con paracaídas no planeta vermello. A misión continuará a partir de 2018 co envío dun rover á superficie marciana.

Cando en 1877 o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli debuxou un mapa coas canles de Marte, pouco podía imaxinar que unha nave levaría o seu nome ao planeta vermello case 140 anos despois. O módulo de descenso Schiaparelli e o orbitador TGO (Trace Gas Orbiter) son os dous compoñentes de Exomars 2016, unha misión da ESA e Roscosmos que despegou hoxe cun foguete Protón desde o cosmódromo de Baikonur (Kazakistán). O lanzador tardará máis de 10 horas en poñer a nave na súa traxectoria correcta.

Publicidade

Recreación da misión Exomars (ESA).
Recreación da misión Exomars (ESA).

“É difícil expresar con palabras a emoción que sentimos tras doce anos de traballo”, explicou á axencia Sinc Silvia Bayón, enxeñeira de sistemas do satélite Exomars, quen coñece ben os avatares polo que pasou a misión: ?Inicialmente era só europea, logo cambiou a unha cooperación con NASA, e finalmente houbo que cambiar á colaboración con Roscosmos (Rusia), e en todo este proceso o deseño da misión e o satélite variaron bastante, así como as análises dos diversos lanzadores (Ariane, Atlas, Protón).

O aspecto tecnolóxico é un dos máis importantes de ExoMars, xa que se lanzou a nave máis grande enviada ata agora a Marte pola ESA, con máis de 3.700 kg de masa (incluíndo os 3.130 de TGO e o 600 kg de Schiaparelli). Por comparar, Mars Express tiña unha masa no lanzamento de 1.000 kg. Tamén é a primeira vez que se utiliza unha arquitectura na que unha sonda desprega un aterrador, desde que na década dos 70 se fixera coas misións Viking da NASA.

Publicidade

Exomars é un gran reto para a NASA por distancia, por masa e por complexidade

Está previsto o próximo 16 de outubro separar o módulo Schiaparelli de descenso e entrada (tamén chamado EDM) do orbitador TGO, que tres días despois fará unha manobra dunhas dúas horas e na que se consumirá a metade do combustible para inserirse na órbita de Marte. Xusto ese día, o 19 de outubro, vai pousarse Schiaparelli na superficie marciana.

O obxectivo deste módulo de descenso é demostrar tecnoloxías para a reentrada na atmosfera marciana e a aterraxe na súa superficie, e todo durante os seis minutos que durará o descenso.

ExoMars é unha misión de exobioloxía e, por tanto, todos os seus compoñentes tiveron que cumprir uns fortes requisitos de protección planetaria, sobre todo no módulo Schiaparelli. Unha vez que “amartice”, poderá funcionar entre dous e oito soles (días marcianos), dependendo da duración das súas baterías, e aínda que inclúe algúns instrumentos científicos para a análise da transparencia e condicións da atmosfera, a súa tarefa principal é testar as tecnoloxías para o descenso e a aterraxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Como podes ver esta noite a grande aliñación planetaria dende Galicia

O 28 de febreiro os concellos das Rías Baixas terán ceos despexados, o que facilitará a observación dos corpos celestes formando un arco sobre a Terra

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz

A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que dá lugar ás estrañas formas captadas polos satélites no planeta vermello