O cometa Siding Spring pasa por Marte

O cometa Siding Spring pasa por Marte
Créditos da imaxe e copyright: SEN/Damian Peach.

Explicación: onte, un cometa pasou moi pretiño de Marte. De feito, o cometa C/2013 A1 (Siding Spring) pasou máis preto do planeta vermello do que pasara calquera outro cometa preto da Terra nos rexistros históricos. Para tirar vantaxe desta oportunidade única e estudar a interacción entre un cometa e un planeta, a humanidade ten actualmente cinco naves espaciais activas orbitando Marte: as MAVEN, MRO, Mars Odyssey da NASA, así como a Mars Express da ESA maila Mars Orbiter da India. A maior parte destas sondas espaciais están agora a enviar información de que non foron danadas por anaquiños do cometa. Estas naves espaciais, así coma os dous todoterreos activos sobre a superficie marciana (os Opportunity e Curiosity da NASA), tomaron datos e imaxes que serán descargadas na Terra durante as semanas vindeiras e, probablemente, estudiadas nos próximos anos. Porén, a fotografía publicada que se tirou onte non foi tomada desde Marte senón desde a Terra e amosa o cometa Siding Spring na parte inferior esquerda mentres pasa preto de Marte, na parte superior dereita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns