Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi

Nubes cheas de cor preto de Rho Ophiuchi
Créditos da imaxe e copyright: Markus Noller (Deep-Sky-Images).

Explicación: por que o ceo preto de Antares e Rho Ophiuchi está tan cheo de cor? As cores débense a unha mestura de obxectos de procesos. O po fino alumeado desde a fronte pola luz estelar produce nebulosas azuis de reflexión. As nubes gasosas nas que os átomos son excitados pola luz estelar ultravioleta producen nebulosas de emisión avermelladas. As nubes de po retroalumeadas bloquean a luz das estrelas e por iso semellan escuras, unha superxigante vermella e unha das estrelas máis brillantes do ceo nocturno, alumea as nubes amarelo-vermellas da parte inferior central da imaxe publicada. Rho Ophiuchi atópase no centro da nebulosa azul da esquerda. O afastado cúmulo globular M4 pode ollarse na parte dereita superior do centro. Estas nubes de estrelas son aínda máis coloridas do que os humanos poden ollar, emitindo luz por todo o espectro electromagnético.
Hoxe e mañá: olla a Venus e Xúpiter xuntos tralo solpor

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns