Chega a Santiago Lisa Randall, a física más influente do mundo

Lisa Randall, a primeira muller en ocupar un posto no departamento de física da Universidade de Princeton e tamén a primeira física teórica no Massachussets Institute of Technology (MIT) e na Universidade de Harvard, atópase esta semana en Santiago para inaugurar os actos de conmemoración dos 100 anos da Teoría Xeral da Relatividade que organiza a Facultade compostelá de Física e nomeadamente os profesores Jorge Mira e Jose Edelstein.

Randall, cos físicos da USC Jorge Mira e José Edelstein.
Randall, cos físicos da USC Jorge Mira e José Edelstein.

Randall, que manterá durante toda a semana encontros con persoal investigador do centro universitario, foi elixida po la revista Time entre as cen figuras máis influentes no eido de ‘Científicos e Pensadores’. Hai quince anos publicou, xunto con Raman Sundrum, dous artigos nos que por primeira vez se poñía enriba da mesa a posibilidade de que no espazo no que vivimos existan outras dimensións adicionais, extras.
Precisamente sobre esa cuestión falará este mércores 1 de xullo no acto central da súa visita. A científica estadounidense pronunciará ás 20.15 horas no Centro de Innovación Cultural (CINC) do Gaiás a conferencia ‘Universos ocultos: unha viaxe ás dimensións extras do cosmos’.
Previo á súa intervención, os profesores da USC Javier Mas Solé e José Edelstein introducirán a xornada coas charlas ‘Da mazá ao burato de verme: cen anos de Relatividade Xeral’ e ‘O universo de Einstein: do Big Bang aos buratos negros’, respectivamente. A asistencia á conferencia é libre e de balde ata completar aforo. Os asistentes disporán, ademais, de aparatos de tradución.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ventilatio Lab, solucións científicas que veñen polo aire

A spin-off da USC foi a gañadora na categoría Idea Emerxente dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Por que as tardes comezan a alongarse antes do solsticio de inverno?

A partir do 8 de decembro, a combinación da inclinación do eixo terrestre e da órbita irregular da Terra fai que os días comecen a medrar

AMS-LAB, Ventilatio Lab e MetBioCat reciben os IX Premios GCiencia Galicia Spin-off  

Os galardóns, que celebran a súa novena edición, foron entregados nun acto no Pazo de San Roque en Santiago

O galego que corrixiu a Einstein: “O meu estudo reabre un debate histórico”

José María Martín-Olalla propón unha alternativa a un polémico postulado da termodinámica formulado a comezos do século XX