Mirando cara M106

Créditos e copyright: Fabian Neyer
Créditos e copyright: Fabian Neyer

Explicación: Messier 106, unha fermosa, grande e brillante espiral, está no centro desta imaxe cósmica chea de galaxias. O campo de visión telescópica de dous graos de anchura mira cara a constelación dos dóciles Canes Venatici, preto do mango do Gran Carro. M106, tamén coñecida coma NGC 4258, ten uns 80.000 anos luz de diámetro e está a 23,5 millóns de anos luz de distancia, sendo o membro máis grande do grupo de galaxias Canes II. Para ser unha galaxia afastada, a distancia deica M106 coñécese ben en parte porque pode ser medida directamente rexistrando este destacado máser da galaxia, ou emisión láser de microondas. A emisión máser, moi rara pero que sucede de xeito natural, é producida por moléculas de auga en nubes moleculares que orbitan o seu núcleo galáctico activo. Outra galaxia espiral que destaca na escena, ollada case de canto, é NGC 4217, por baixo e á dereita de M106. A distancia a NGC 4217 coñécese moito peor, estimándose nuns 60 millóns de anos luz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027