O ‘Social Media Day’ analiza en Pontevedra como as redes sociais mudaron a comunicación

Estudos recentes, como o OBS Social 2015, sitúan en preto de 17 millóns os usuarios e usuarias activos cos que contan en España as redes sociais, ferramentas que teñen contribuído a que o mundo da comunicación sexa hoxe “diametralmente diferente” a anos atrás, como sostén o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Rolán. Para afondar na incidencia destes novos “altofalantes” en ámbitos como a difusión dos novos medios dixitais, o turismo, as estratexias de comunicación empresarial ou a propia influencia persoal, esta facultade do campus pontevedrés celebrará o vindeiro luns 25 a segunda edición do Social Media Day, no que 15 expertos e profesionais deste eido tomarán parte nun “evento 2.0”, no que esa “comunicación bidireccional” que define as redes sociais se promoverá tanto no propio salón de graos do centro como a través das propias redes que centrarán o debate.

“A intención é darlle un pouco de acubillo ás redes sociais desde o punto de vista académico”, salienta Rolán da actividade coa que, por segundo ano consecutivo, CCSS e da Comunicación conmemora o Día do Community Manager. Organizado por Rolán xuntos cos profesores Daniel Martí e Mónica Valderrama e a Delegación de Alumnado, este segundo Social Media Day estruturase en catro mesas de debate, dirixidas a afondar no papel das redes sociais desde diferentes ópticas, que permitirán tamén ao alumnado coñecer as experiencias e impresións “de diferentes profesionais que saíron desta facultade, na que se imparten titulacións máis que óptimas para exercer esta profesión”, como sinala Rolán. “A idea é que sexa algo aberto, un evento 2.0 non pode ser unidireccional”, engade o promotor desta iniciativa, que poderá seguirse en directo tanto a través das redes sociais, como de UVigo-TV e sobre o que os estudantes responsables do programa de radio El Escaparate realizarán un programa especial en directo, que se poderá escoitar a través da plataforma Campus Culturae, da USC.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=10835&Itemid=42

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

O futuro dos medios galegos, a debate: máis de 300 estudantes participan en encontros con profesionais

GCiencia toma parte no acto organizado pola AMEGA, que se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Vigo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona