Meteoros das xemínidas

Créditos da imaxe composta e copyright: Jeff Dai (TWAN)
Créditos da imaxe composta e copyright: Jeff Dai (TWAN)

Explicación: desde os ceos escuros por riba da provincia Heilongjiang na China norleste, choven os meteoros nunha paisaxe invernal nesta fermosa composición nocturna. Os 48 meteoros son parte da anual chuvia das xemínidas da semana pasada. Pese ás temperaturas de -28ºC, todos se rexistraron en exposicións fotográficas feitas durante a hora do máximo do espectáculo celeste. Flúen desde o radiante da chuvia, ben no alto do horizonte preto das dúas estrelas brillantes da constelación zodiacal dos Xemelgos. O máximo das xemínidas deste ano do 13-14 de decembro, unha chuvia moi activa, chegou xusto antes do máxima aproximación do 16 de decembro feita polo asteroide 3200 Phaethon ao planeta Terra. O misterioso 3200 Phaethon probablemente é o corpo que orixina a chuvia das xemínidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español