Sol e Vía Láctea do solsticio

Créditos da imaxe composta e copyright: Stefan Seip (TWAN)
Créditos da imaxe composta e copyright: Stefan Seip (TWAN)

Explicación: benvidos ao solsticio de decembro, o primeiro día de inverno no hemisferio norte e do verán no sur. As marcas astronómicas das estacións, as datas de solsticios e equinoccios, baséanse na posición do Sol na súa viaxe anual ao longo da eclíptica que atravesa o ceo da Terra. Neste solsticio, o Sol chega á súa declinación meridional máxima de -23,5 graos hoxe ás 16:28 TCU, mentres que a coordenada de ascensión recta na esfera celeste é de 18 horas. Iso sitúa ao Sol na constelación de Sagittarius nunha dirección preto do centro da nosa galaxia Vía Láctea. De feito, se puideras mirar o Sol do solsticio de hoxe contra as nebulosas e estrelas febles do fondo (iso é especialmente complicado de facer, especialmente nas hora de día) a túa visión sería algo semellante a esta panorámica composta. Para facela, tiráronse imaxes da nosa fermosa galaxia baixo os ceos escuros namibios que se uniron despois nunha vista panorámica. A partires dunha instantánea feita o 21 de decembro de 2015, o Sol superpúxose dixitalmente coma unha estrela brillante na posición do solsticio do inverno setentrional, preto do centro da Vía Láctea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo