Lusco e fusco en Lisboa

Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro (TWAN, Dark Sky Alqueva)
Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro (TWAN, Dark Sky Alqueva)

Explicación: Mercurio, o planeta máis interior, e un delgado crecente da Lúa nunca se atopan lonxe do Sol nos ceos do planeta Terra. Esta colorida paisaxe vespertina, tirada preto do lusco e fusco do 8 de abril, amósaos a ámbolos dous poñéndose polo horizonte occidental xusto despois do Sol. O amplo río Texo e as luces da cidade de Lisboa (Portugal), atópanse no primeiro plano deste quedo ceo crepuscular. A rebanda crecente e brillante da Lúa, preto do perixeo ou máximo achegamento á Terra, representa máis ou menos o 3 por cento do disco lunar alumeado polo Sol. Por suposto, desde o punto de vista da Lúa, unha Terra case chea alumearía a noite lunar, e ese potente brillo terrestre fai que o resto do disco lunar sexa visible nesta escena. Nos vindeiros días, o brillante Mercurio fica ben por riba do horizonte occidental no solpor para os observadores setentrionais do ceo. O veloz planeta acada a súa máxima elongación, ou distancia angular co Sol, o 18 de abril. Pero Mercurio abaneará de novo cara o Sol e chegará a cruzar xusto por diante do seu disco o 9 de maio, o primeiro tránsito de Mercurio desde o 9 de novembro de 2006.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira