De onde viñeron os teus elementos?

Créditos da imaxe Licenza: Wikipedia: Cmglee; Datos: Jennifer Johnson (OSU)
Créditos da imaxe Licenza: Wikipedia: Cmglee; Datos: Jennifer Johnson (OSU)

Explicación: o hidróxeno do teu corpo, presente en todas as moléculas de auga, procede do Big Bang. Non hai fontes destacadas de hidróxeno no Universo. O carbono do teu corpo creouse por fusión nuclear no interior de estrelas, ao igual que o osíxeno. Gran parte do ferro do teu corpo formouse durante supernovas de estrelas que ocorreron hai moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias probablemente se fabricou en estrelas de neutróns durante colisións que as fixeron visibles como estoupidos de raios gama de corta duración ou ondas gravitacionais. Os elementos coma o fósforo mailo cobre están presentes nos nosos corpos só en cantidades pequenas pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A táboa periódica dos elementos publicada está codificada en cor para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de todos os elementos coñecidos. Os lugares de creación nuclear dalgúns elementos, como o cobre, non se coñecen realmente moi ben e seguen sendo materia de investigación observacional e computacional.

Proxecto: Ceos Galegos 2018 – calendario astronómico

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble