Cráteres Messier en estéreo

Cráteres Messier
Créditos da imaxe: Apollo 11, NASA. Imaxe en estéreo de Patrick Vantuyne.

Explicación: moitos cúmulos estelares e nebulosas brillantes do ceo do planeta Terra están asociados co nome do astrónomo Charles Messier, desde o seu famoso catálogo do século XVIII. O seu nome tamén se lle dá a estes dous cráteres grandes e destacados da Lúa. Notorios no mar lunar liso e escuro da Fertilidade ou Mare Fecunditatis, Messier (esquerda) e Messier A teñen dimensións de 15 por 8 e 16 por 11 quilómetros respectivamente. As súas formas alongadas explícanse por unha traxectoria de ángulo moi baixo seguida polo impactador, movéndose de esquerda a dereita, que escavou os cráteres. O impacto superficial tamén provocou dous raios brillantes de material que se estenden ao longo da superficie cara a dereita da imaxe. Esta imaxe espectacular estereofónica da parella de cráteres, preparada para ser mirada con lentes vermellas/azuis (vermello para o ollo esquerdo), creouse recentemente a partires de escaneos de alta resolución de dúas fotografías (AS11-42-6304, AS11-42-6305) tiradas durante a misión Apollo 11 á Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais