Cando Vega sexa o norte

VEGA-POLARIS
Créditos da imaxe e copyright: Miguel Claro | Dark Sky Alqueva.

Explicación: en só uns 12.000 anos Vega será a estrela do norte, a estrela brillante máis achegada ao polo norte celeste do noso fermoso planeta. Por entón, cando suxeites unha cámara a un trípode as exposicións longas do ceo nocturno amosarán os arcos concéntricos dos ronseis estelares centrados nun punto preto de Vega mentres a Terra rota sobre o seu eixo. Por suposto, a estrela brillante que na actualidade está preto do polo norte celeste é Polaris, pero iso cambiará mentres o eixo de rotación da Terra precesa, coma o abalo dun peón cun período de precesión duns 26.000 anos. Se a túa cámara está lista agora e non queres agardar 12.000 anos a que Vega sexa a estrela do norte, pensa nesta demostración enxeñosa de ronseis estelares actuais (esquerda) contra ronseis estelares que evocan ao ano 14.000 e.c. (Tradución literal do “CE” ou “common era” do orixinal, no canto do máis habitual “despois de cristo”). Ámbalas dúas foron captadas este abril na Reserva de Ceo Escuro Alqueva no Alentexo (Portugal). Para producir os ronseis estelares máis centrados en Vega do futuro afastado, o astrónomo Miguel Claro combinou a rotación de dúa monturas con seguemento para crear o aparente cambio no polo norte celeste do planeta Terra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns