Atlas, Daphnis e Pan

Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA

Explicación: Atlas, Daphnis e Pan son as lúas pequenas e interiores dos aneis de Saturno, amosadas á mesma escala nesta montaxe de imaxes desde a sonda espacial Cassini que orbita Saturno. De feito, Daphnis foi descuberta en imaxes da Cassini de 2005. Atlas e Pan foron albiscadas por primeira vez en fotografías das naves espaciais Voyager 1 e 2. Atlas, con forma de prato voador, orbita preto do bordo máis externo do brillante anel A de Saturno mentres Daphnis orbita por dentro da estreita división Keeler do anel A e Pan dentro da máis grande división Encke do anel A. As curiousas cristas ecuatoriais das pequenas lúas dos aneis poderían ser formadas polo amoreamento de material do anel co tempo. Incluso a diminuta Daphnis provoca ondas no material do anel mentres paira ao longo do bordo da división Keeler.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo