A fonda lagoa

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Univ. Arizona

Explicación: nas fonduras cósmicas e turbulentas da nebulosa da Lagoa habitan cristais de gas intestelar brillante e nubes de po escuro. Tamén coñecida coma M8, a brillante rexión de formación estelar está a uns 5.000 anos luz de distancia. Pero aínda así condúcese coma unha parada popular nas viaxes telescópicas da constelación Sagittarius, cara o centro da nosa galaxia Vía Láctea. Esta fonda e impresionante vista da parte central da Lagoa, dominada pola desveladora emisión vermella dos átomos de hidróxeno ionizado ao recombinarse cos electróns arrincados, ten uns 40 anos luz de diámetro. Preto do centro do recadro, a brillante forma de reloxo de area é gas ionizado e esculpido pola potente radiación e os ventos estelares extremos que proceden dunha estrela masiva nova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo