Domingo 14 Abril 2024

A incrible coordinación das formigas para levar grandes cargas

As formigas son recoñecidas por cooperar para realizar as súas actividades en grupo, entre outras, a busca de comida. Agora, investigadores da Universidade de Weismann (Israel) descubriron que as formigas scout dirixen ás súas compañeiras no transporte de alimentos. Segundo o estudo, estes insectos coordinan o movemento colectivo para mellorar o transporte de grandes pezas de comida ao formigueiro. Deste xeito, evitan os conflitos entre as transportadoras que poderían facer ineficientes os desprazamentos.
O transporte colectivo de cargas pesadas require unha gran coordinación nas actividades tanto humanas coma dos animais. As formigas, en relación ao seu tamaño, son capaces de desprazar obxectos moi pesados.

As formigas ‘scout’ guían ás outras na dirección correcta do formigueiro

O estudo vén de ser publicado en Nature Communications e revela como un grupo destes insectos, ao que os científicos chaman formigas scouts, guía ao resto das súas compañeiras no transporte dos alimentos ata o niño.
Para realizar este traballo, Ofer Feinerman, investigador da universidade de Weismann e líder do estudo, e o seu equipo analizaron unha serie de vídeos para seguir o movemento dalgúns individuos dentro dun grupo destes insectos mentres transportaba alimentos -como cereais- de volta ao formigueiro.

Os científicos observaron que, mentres que a velocidade á que se desprazaba a carga dependía do número de formigas que a transportan, a dirección na que viaxaba estaba determinada polas indicacións dalgúns individuos ben informados acerca da situación precisa do formigueiro. Resulta asombrosa a coordinación do movemento colectivo, que optimiza o transporte de grandes pezas de comida, ao tempo que evita os conflitos entre as transportadoras, que poderían retrasar o desprazamento ao empurrar cada unha nunha dirección.

Publicidade

Os científicos atoparon que as formigas seguían o modelo teórico de Ising

Para explicar o comportamento coordinado, o equipo de Feinerman aplicou un modelo teórico utilizado na física estatística para describir os fenómenos emerxentes chamado modelo de Ising. Este modelo indica que a maioría de individuos dun grupo presenta un nivel intermedio de conformismo no seu comportamento, o cal permite aos individuos ben informados dirixir de forma óptima a dirección da carga. É o que acontece coas formigas. As obreiras transportadoras confían naquelas que semellan ter unha idea máis clara de cara ónde está o formigueiro e a dirección onde tirar ou empurrar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Es zurdo? Descobren mutacións raras asociadas ao uso da man (e o pé) esquerdos

Un novo estudo explica como certas variantes xenéticas que alteran o xene TUBB4B están relacionadas co desenvolvemento desta condición

As formigas, unha sociedade sen ocio?

O entomólogo Carlos Otero asegura que as formigas obreiras traballan arreo pero que tamén descansan, aínda que cumprindo sempre algunha tarefa

Un estudo revela que embarazo muda o cerebro das nais para fortalecer o vínculo cos fillos

A forte alteración hormonal que acontece no corpo das mulleres durante a gravidez facilita a relación cos bebés segundo un paper da Nature Communications

As formigas poden chegar a morrer se perden o rastro da súa colonia

Desprázanse seguindo o rastro das feromonas que desprenden os exemplares que as preceden porque teñen unha visión extremadamente limitada