
Explicación: a Lúa chea do venres 31 de xullo, a segunda Lúa chea do mes, podería denominarse Lúa azul de acordo ao folclore moderno. Pero este mosaico definido e detallado, gravado con telescopio e cámara dixital xusto antes da primeira Lúa chea de xullo, realmente amosa unha superficie lunar chea de cor. As cores salientáronse na imaxe procesada;porén, son reais, correspondéndose con diferencias reais na composición química da superficie lunar. Tamén resulta sinxelo de ollar, especialmente cando a Lúa está preto da fase completa, os raios brillantes do cráter Tycho de 85 quilómetros de ancho, na parte superior dereita e que se estenden por toda a superficie lunar. Contra as terras altas lunares do sur e á dereita de Tycho está unha silueta con abraiante detalle da Estación Espacial Internacional. Ollada desde Byron Bay, Nova Gales do Sur (Australia) o 30 de xuño, o tránsito lunar da ISS durou aproximadamente 1/3 dun segundo, captado cun disparador rápido en modo refacho.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












