Cazadores ilegais seguen a matar leóns no Parque Nacional Hwange, en Zimbabue. Unha ONG local, Zimbabue Task Force, informou de que os cazadores furtivos entraron na reserva natural e abateron a tiros a Jericho, que era irmán de Cecil e que tiña axudado a éste a converterse no macho alfa, na loita que mantivo en 2009 co anterior líder da manda, Mpofu. Todo indicaba que Jericho ía converterse no novo líder. E que a consecuencia podería ser que matase ás crías do seu irmán, para volver aparearse coas femias e garantir a continuidade dos seus propios xenes. Se as novas de Zimbabue se confirman, Jericho tivo un reinado curto, pois seica foi abatido, xusto un mes despois de que Cecil morrese cazado polo dentista estadounidense Walter James Palmer. Outras fontes sinalan que o león morto esta fin de semana por disparos de furtivos podería ser outro exemplar distinto a Jericho. O seguro é que as actividades de caza continúan no parque. Na foto, aparecen Jericho (esquerda) e Cecil (dereita), nunha pelexa entre irmáns.
Un curioso percorrido histórico por numerosos edificios, rúas, recunchos e obxectos que amosan a intensa actividade científica que noutro tempo viviu a capital leonesa
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.