
Explicación: a galaxia espiral ESO 137-001 vai a lume de carozo ao través do masivocúmulo galáctico Abell 3627 a uns 220 millóns de anos luz de distancia. A afastada galaxia óllase nesta colorida imaxe composta dos telescopios Hubble/Chandra ao través de estrelas da Vía Láctea en primeiro plano, mirando cara a constelación meridional de Triangulum Australe. Mentres a espiral acelera a uns 7 millóns de quilómetros por hora, o seu gas e po son arrincados cando a presión de empurre do medio intracumular, tenue e quente, do propio cúmulo supera á gravidade da galaxia. Nos datos de luz visible do Hubble son evidentes os cúmulos estelares brillantes que se formaron no material arrincado ao longo dos raios curtos e azuis que vai deixando. Os datos de raios X do Chandra salientan a enorme estensión do gas arricado e quecido coma ronseis azuis máis escuros e difusos, que se estiran uns 400.000 anos luz cara o fondo á dereita. A significativa perda de po e gas van dificultar a formación estelar desta galaxia. Unhagalaxia elíptica amarelada, que carece de gas e po para a formación estelar, está xusto á dereita de ESO 137-001 no cadro.
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












