Os peixes abisais do Atlántico Norte

Xeralmente consideramos os mares e océanos do planeta como corpos extensos e continuos de auga salgada. O certo é que neles se atopan multitude de gradientes, como é o debido ao xerado polo cambio na profundidade. En relación a esta profundidade, á presión e á luz, podemos clasificar, a grandes liñas, unha serie de hábitats zonais a medida que descendemos na columna de auga. Estes serían: zona peláxica, batial e abisal.

Fonte: http://www.educa.madrid.org
Fonte: http://www.educa.madrid.org

O termo abisal fai referencia a abismo, lugar fondo e escuro. Por extensión inclúese o hábitat batial, ademais do abisal, comprendendo batimetrías de 1000 a 6000 m. Estas rexións caracterízanse por un ambiente con temperaturas frías e constantes, presión hidrostática extremadamente elevada, escaseza de nutrientes en xeral e ausencia absoluta de luz. Estes hábitats son predominantes nos océanos do planeta, ocupando máis do 70% da súa extensión. Coñecemos, por tanto, como fauna abisal todos aqueles animais que habitan nestes ecosistemas fondos de mares e océanos.

Publicidade

As especies que dominan aquí caracterízanse por presentar formas estrañas, tamaños reducidos, corpos esponjosos ou suaves, grandes bocas e ollos desproporcionados. O seu corpo está formado maioritariamente de auga e non posúen vexiga natatoria para, deste xeito, non ofrecer cavidades gasosas que puidesen ser esmagadas pola gran presión existente. A partir da zona afótica, a cal comeza nos 200 m, a única luz existente é a producida por certos organismos, grazas ao fenómeno denominado bioluminiscencia. Ao redor do 90% de todos os animais do fondo mariño posúena en maior ou menor medida.

Ceratias holboelli Krøyer, 1845: Foto: Gonzalo Mucientes, BEC
Ceratias holboelli Krøyer, 1845: Foto: Gonzalo Mucientes, BEC

Estas imaxes son algúns exemplos dos estraños peixes que habitan entre os 700 e 1300 m de profundad no Atlántico Norte. Neste interesante libro, “Deep-Sea Fishes. Biology, Diversity, Ecology and Fisheries“, amósanse moitos máis. Actualmente estamos a traballar en completar a información dispoñible dalgunhas destas especies no Atlántico.

Outros exemplos característicos destas rexións abisais son as ordes de peces como os  NOTACANTHIFORMESSTOMIIFORMES ou os OPHIDIIFORMES, entre outros grupos.

Notacanthiformes: Aldrovandia phalacra (Vaillant, 1888). Foto: Gonzalo Mucientes, BEC
Notacanthiformes: Aldrovandia phalacra (Vaillant, 1888). Foto: Gonzalo Mucientes, BEC
Stomiiformes: Gonostoma elongatum Günther, 1878: Foto: Gonzalo Mucientes, BEC
Stomiiformes: Gonostoma elongatum Günther, 1878: Foto: Gonzalo Mucientes, BEC

A continuación amosámosvos un vídeo dun exemplar vivo de  Anoplogaster cornuta que filmamos en condicións controladas (a bordo dun buque oceanográfico) durante a  campaña de investigación pesqueira no banco de Flemish Cap, Terranova, que se realiza anualmente. Non é habitual capturar individuos vivos en zonas tan fondas.

 

Ecoloxía azul

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto europeo busca reducir a captura accidental de especies protexidas no Atlántico

Investigadoras do IEO liderarán un dos casos de estudo dirixido a mitigar a captura de quenllas e tiburóns nas pesqueiras de atún

Que é o colapso das correntes atlánticas e como afectará a Galicia

Unha investigación publicada en 'Science Advances' anticipa o freo da ciruclación oceánica e advirte das súas consecuencias climáticas

O déficit de transporte de humidade do Atlántico triplica a posibilidade de seca en Galicia

A investigación realizada na Universidade de Vigo foi publicada na revista ‘Nature Water’

As correntes afastan os ‘pellets’ da costa galega cara ao interior do Atlántico

Un grupo de investigación canario que modeliza a vertedura prevé unha forte diminución de granulados no litoral