O primeiro museo de Barcelona

Como xa comentei no seu día este blog leva o nome de Gabinete de Curiosidades pola fascinación que para min sempre supuxeron estes museos dos séculos XVII e XVIII. Ao longo dos séculos XIX e XX a maioría dos gabinetes foron desmantelados, algúns simplemente desapareceron e os seus contidos perdéronse.

Afortunadamente, noutros casos parte dos obxectos gardados nos mesmos pasaron a engrosar os fondos de diversos museos, públicos e privados.

Publicidade

O pasado mes de maio escoitei na radio a noticia de que en Barcelona se ía reabrir un antigo Gabinete de Curiosidades, que levaba moitos anos pechado. En canto puiden púxenme e buscar en Internet para atopar mais información ao respecto e atopei unha nova de El País na que se daba conta do evento. En El Periódico tamén se fixeron eco desta exposición.

salvadoriana detallesTrátase dun gabinete creado e ampliado por seis xeracións de boticarios, os membros da familia Salvador, durante máis de 200 anos. A colección consta de máis de 32.00 especímenes e máis de 1. 400 volumes. Considérase o primeiro museo de Barcelona xa que aparece mencionado xa nas guías de 1831. Puido ser visitado ata 1854 pero cando os Salvador pecharon a súa farmacia perdéuselle a pista, ata que foi requisado pola Generalitat ao comezo da Guerra Civil para salvalo. Dende entón estaba nunha casa de Villafranca del Penedés ata que foi mercado polo concello de Barcelona en 1945 e depositado no Instituto Botánico. En 2013 mercáronse o resto dos fondos e procedeuse a montar unha exposición para amosar ao público esta reliquia histórica.

Publicidade

Esta exposición estará aberta dous anos, ata abril de 2016 … espero poder pasar por Barcelona antes desa data para poder vela.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Realizado o primeiro transplante de cara do mundo a partir dunha doante que recibiu a eutanasia

Un cento de profesionais do Hospital Vall d'Hebron interviron na complexa cirurxía, unha intervención que pode durar ata 24 horas

As esculturas do Mosteiro de Carboeiro volven a Galicia tras case 50 anos en Barcelona

A borrasca Joseph obriga a adiar a presentación oficial no Museo das Peregrinacións de Santiago, aínda que as pezas xa están listas para regresar

Dedos coma uvas pasas: engúrrase a pel das mans ca auga sempre do mesmo xeito?

Unha pregunta duns nenos levou a un grupo de científicos a mollarse para saber se a auga fai sempre as mesmas formas na pel

Cinco plans científicos para resgardarte da choiva en Semana Santa

Mover pedras xigantes, ver quenllas ou unha réplica dun velociraptor... Galicia ofrece moitos plans nos que non precisarás do paraugas