Martes 19 Marzo 2024

Artigos máis recentes de

Xosé Antón Vila

Sen ciencia básica non son posibles os avances técnicos

Reclamo aos nosos dirixentes o restablecemento de programas específicos de financiamento de ciencia básica e de axudas para apoiar a carreira investigadora. Lin en algún sitio que para facer ciencia aplicada hai que ter ciencia que aplicar, e estámonos quedando sen ela.

Gas radón e cancro de pulmón: evidencias científicas

O gas radón libérase en maiores cantidades en solos graníticos, como é o caso de Galicia, e entra entra nas nosas casas por gretas ou polo propio chan. Esperemos que se melloren as normas de edificación para rebaixar os límites permitidos, pero mentres tanto... abramos as nosas fiestras!

Hai futuro na ciencia galega

Por terceiro ano actuei de xurado en Galiciencia e tiven a ocasión de ver con ledicia o excelente nivel de innovación dos rapaces, o rigor científico de moitos deles e a súa capacidade para enfrontarse aos problemas. Recomendaría aos nosos gobernantes que acudisen, así verían que merece a pena inverter en ciencia, que cerebro non falta e gañas de traballar tampouco, e que sería unha mágoa que todo ese talento tivese que emigrar.

Medicamentos: un negocio moooooi rendible

A situación actual da industria farmacéutica é inaceptable. Non pode ser que o medicamento para tratar e hepatite C custe 90.000 dólares anuais, cando o custo de fabricación é de apenas 250 dólares.

O primeiro museo de Barcelona

Sempre me fascinaron estes museos dos séculos XVII e XVIII. Ao longo do XIX e do XX, a maioría dos gabinetes de curiosidades foron desmantelados; algúns simplemente desapareceron e os seus contidos perdéronse. Afortunadamente, noutros casos parte dos obxectos gardados nos mesmos pasaron a engrosar os fondos de diversos museos, públicos e privados.

No minguante da lúa non sementes cousa algunha

Debo dicir que a miña incrédula opinión inicial ten mudado un pouco. Parece que algo hai, aínda que non poda afirmar exactamente o que. A miña opinión é que a lúa inflúe en moitas tarefas agrícolas, pero coido tamén que esa influencia é tan feble que o seu efecto é case desprezable.

Homeopatía: estafa legal

A homeopatía non é descoñecida para os españois, 15 millóns téñena probado nalgún momento, e a proporción é aínda maior noutros países. Pero, por que está agora de actualidade?
7 Articles written