Roberto C. Agís-Balboa

18 NOVAS 0 COMENTÁRIOS
Roberto C. Agís-Balboa é un científico que traballa no campo da “neuroepixenética”. Fixo investigación por mais dunha década en EEUU e Alemaña. Dende xuño do 2013 traballa en Vigo, primeiro co proxecto BIOCAPS e agora cun contracto Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (Hospital Álvaro Cunqueiro). Estuda as interaccións xenoma-ambiente nos trastornos psiquiátricos e enfermidades neurodexenerativas. É membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) e fai divulgación científica a través de diversos medios: periódicos, blogs, revistas, etc.