A primeira imaxe de Marte tomada pola sonda Insight

Resulta case incríble esta foto. Porque a cámara que a fixo partiu do planeta Terra no pasado mes de maio e ten recorrido case 60 millóns de quilómetros para alcanzar o seu obxectivo. Porque esta cámara viaxou a bordo do módulo Insight da NASA, que aterrou no Planeta Vermello cando faltaban uns minutos para as 21.00 horas (hora peninsular en España). E uns segundos máis tarde, a imaxe que vemos xa estaba distribuida por todo o mundo, a través das redes sociais da axencia espacial.

Dende logo, non é doado enviar unha cámara a 59 millóns de quilómetros, que resista unha desaceleración dende unha velocidade de 19.800 km/h e que resista intacta para enviar de contado unha foto de volta ao seu planeta de orixe.

Publicidade

Na foto vemos os grans de pó marciano que levantou a propia sonda durante a súa aterraxe. Nas vindeiras horas esperamos novas imaxes, aínda que Insight tomará o seu tempo en despregar os seus equipos, o que fará nos vindeiros meses.

Mentres seguimos abraiados co fito tecnolóxico, aquí tes todos os datos sobre esta misión e a súa aterraxe histórica en Marte:

Publicidade

Aterra con éxito en Marte a Misión Insight da NASA

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira