Venres 26 Abril 2024

Orión en vermello e azul

Créditos da imaxe e copyright: David Lindemann
Créditos da imaxe e copyright: David Lindemann

Explicación: Cando se fixo Orión tan rechamangueiro? Esta interpretación colorida de parte da constelación de Orión débese á luz vermella emitida polo hidróxeno mailo xofre(SII), e a luz verde-azulada emitida polo osíxeno (OIII). Así que as cores da imaxe publicada foron reasignadas dixitalmente para representar as súas orixes elementais; pero tamén para seren abraiantes ao ollo humano. A espectacular composición foi realizada coidadosamente a partires de centos de imaxes que levaron case 200 horas recompilar. Na fotografía, o bucle de Barnard, atravesando a parte inferior da imaxe, semella mexer creacións interestales que inclúen a intrincada nebulosa de Orión, que se observa xusto á dereita do centro. A nebulosa da Chama tamén pode localizarse axiña, pero a un ollo atento cóstale identificar a lixeira marca da escura nebulosa Cabeza de Cabalo. Así como Orión é charramangueiro, unha explicación factible da orixe do bucle de Barnard estaría nun estourido de supernova que aconteceu hai uns dous millóns de anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón