Santiago acolle un congreso internacional sobre os retos xurídicos das TIC

A influencia das novas tecnoloxías propicia cambios en distintas esferas, entre elas a do mercado de traballo e as modalidades laborais. Entre este xoves 14 de abril e o venres 15 un congreso internacional abordará na USC como o Dereito do Traballo asume os retos formulados no terreo xurídico polo avance das TIC e a superación do modelo produtivo baseado no traballo presencial.

Novas Tecnoloxías e novas formas de traballar no dereito español e comparado. Renovarse ou morir’ é o lema deste encontro internacional que porá o enfoque no que sucede en España pero tamén noutros países como Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, Polonia e Arxentina. Analizaranse en detalle as particularidades de novos conceptos como ‘sharing economy’ ou ‘uberización’ do traballo, novas formas de traballo colectivo xunto ás que emerxen outras que se adaptan mellor ao novo emprendedor individual dixital como son o ICT mobile work, casual work, voucher based work ou o portafolio work.

Publicidade

Deste xeito, nas mesas de debate abordaranse cuestións relacionadas coas novas relacións laborais, o uso das redes sociais, os novos medios de proba electrónica, a conciliación ou o teletraballo, entre  moitas outras.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía