“A clave do colchón ‘anti-cornos’ son os seus 24 sensores”

“Os nosos algoritmos e 24 sensores son a clave do colchón anti-cornos”, explica Iván Miranda, enxeñeiro deseñador do Smarttress, o colchón ‘anti-cornos’, que xa está á venda tras da súa presentación en Madrid. Trátase da creación da fábrica galega Durmet, radicada en Arteixo, na Coruña. E o seu impacto mediático é enorme, con novas recollidas en todo o mundo. A empresa creou un colchón que detecta se a túa parella está a deitarse con outra persoa na túa propia cama, circunstancia envía unha mensaxe ao móbil cunha alerta.

Fábrica de colchóns Durmet, en Arteixo (A Coruña).
Fábrica de colchóns Durmet, en Arteixo (A Coruña).

“Para poder descansar de noite e tamén de día” é o lema do Smarttress, que sae ao mercado a un prezo de 1.500 euros. Iván Miranda desvelou os segredos tecnolóxicos do colchón ‘anti-cornos’: “É un colchón que por fóra ten un aspecto normal, pero que por dentro ten unha rede de 24 sensores que miden a presión que se exerce en cada uno dos puntos da súa superficie”, explica o enxeñeiro: “Tras comparar as medicións cos nosos algoritmos, o sistema comproba se coinciden co acto sexual… neste caso, envía unha alerta ao móbil do dono do colchón”.

Publicidade

As probas para crear o algoritmo son ‘segredo profesional’, din en Durmet

A idea é unha xenial maniobra de márketing da empresa Durmet, propiedade do industrial galego Antonio Muíño. A presentación tivo lugar na rúa Serrano, no selecto barrio de Salamanca. O lugar foi elixido porque un estudo da firma de contactos Ashley Madison revelou que era a zona ” máis infiel de Madrid”.

“As probas para desenvolver o algoritmo foron variopintas”, explicou Iván Miranda, que non quixo desvelar como se desenvolveron os test: “iso queda dentro do segredo profesional”.

“A idea foi do dono da fábrica de colchóns, que lle quería dar un toque tecnolóxico”, explicou Miranda. O Smarttress xoga cos conceptos Smart (intelixente, en inglés), mattress (colchón) e tres, un número moi acaído nunha relación de parella con infidelidade de por medio.

Aquí está o vídeo promocional do Smarttress:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha empresa galega lanza o colchón que detecta as infidelidades

Durmet, radicada en Arteixo, di que o colchón 'anti-cornos' avisa no móbil se a túa parella se deita con outro