Sábado 27 Abril 2024

Unha empresa galega lanza o colchón que detecta as infidelidades

Chega o colchón que detecta se a túa parella ten unha infidelidade. Durmet, unha fábrica radicada en Arteixo (A Coruña), tense convertido nun fenómeno en redes sociais tras anunciar un invento chamado a revolucionar o mundo do descanso e as relacións de parella. “Para poder descansar de noite e tamén de día” é o lema baixo o que din ter desenvolvido unha nova tecnoloxía que nos avisa a través dunha app para o móbil cando o colchón está a ser utilizado dunha forma “estraña”, é dicir, cando a nosa parella se atopa durmindo na nosa cama cunha persoa distinta.

A firma galega Durmet, propiedade do industrial Antonio Muiño, anunciou que presentará o seu colchón intelixente e ‘anti-cornos‘ (denominado Smarttress), o mércores 13 de abril en Madrid, aproveitando para o seu lanzamento a conmemoración do Día Internacional do Bico.

Publicidade

A empresa non desvela a tecnoloxía empregada no colchón ‘anti-cornos’

Como campaña de márketing, o colchón galego intelixente anti infidelidades está a ser un éxito. Pero nada din sobre a tecnoloxía desenvolvida para detectar que a nosa parella está a deitarse con outra persoa na nosa propia cama. Polo de agora todo é un misterio.

Nunha nota de prensa, Durmet dá máis interese a nova salientando que os españois son os europeos máis infieis. E que cometen unha media de 2,3 aventuras ao ano, “polo que probablemente haxa moitas persoas no noso país que desexen saber se a súa parella está a durmir con alguén máis na súa cama”.

A fábrica de Arteixo mantén tamén a expectación nas súas contas de Facebook e Twitter. E achegan algúns datos, como que a aparencia do colchón é absolutamente normal e que resulta moi confortable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta sitúa 19 concellos en nivel máximo ou alto a partir do venres

Seis concellos ficarán coa hostalaría pechada e limitación de reunións a conviventes, e 13 estarán no nivel alto, con máis restricións có resto de Galicia

A Xunta engade Pontevedra e Ponteceso ás áreas de risco da Covid-19

Galicia rexistra o maior aumento de casos novos das últimas semans, 332, ao engadir boa parte das infeccións detectadas na residencia de Outeiro de Rei

Así están os puntos vermellos da Covid-19 en Galicia

Algúns dos concellos afectados informan dos seus casos, mentres algúns focos preocupan polo impacto na poboación vulnerable

Así quedan as restricións en Galicia pola transmisión da Covid-19

Sanidade estende a Santiago, Ourense, Carballo, A Laracha e Santa Comba as limitacións de reunións, manténdoas en Lugo e cinco concellos da área da Coruña