Martes 19 Marzo 2024

A Estación Científica do Courel convoca un obradoiro de plantas mediciñais

A Estación Científica do Courel mantén aberto o prazo de inscrición nun obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá nas instalacións courelás da USC do 22 ao 24 de abril baixo o título ‘Uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: O exemplo do Courel’.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, que será impartida pola licenciada en Farmacia pola USC María Moure Oteyza, poden formalizar a súa inscrición no curso de xeito gratuíto ata o día 19 de abril. A matrícula neste obradoiro pode formalizarse en quenda de mañá nas instalacións da Estación Científica do Courel, situadas en Seoane do Courel, a través dos números de teléfono 648 051 928, 600 942 418 ou 982 821 901, ou nos enderezos de correo electrónico rodriguezlopez@hotmail.com ou antonio.rigueiro@usc.es

Publicidade

As distintas sesións teóricas programadas no marco deste obradoiro sobre uso de plantas medicinais desenvolveranse o venres 22 en quenda de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, o sábado, de 10.00 a 12.00 horas, e o do domingo 23 de abril, de 12.30 a 14.30 horas. O curso tamén contempla a celebración de dúas saídas ao campo, que se celebrarán os días 22 e 23 en quenda  de tarde, de 16.00 a 20.00 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os incendios do Courel destapan miles de fósiles mariños do Paleozoico

Un xacemento de 416 millóns de anos descobre unha grande población de crinoideos, o grupo máis antigo dos equinodermos

Os Ancares e O Courel, distinguidos como ‘Mellor destino de montaña 2023’

O selo Observer revalida a certificación aos dous espazos naturais, que xa recibiran o recoñecemento en 2019

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada