Ciencia, garantía de futuro

Ao longo de toda a historia da humanidade, a ciencia e a innovación teñen sido pancas de desenvolvemento fundamentais para contribuír a sociedades máis prósperas, máis saudables, máis sabias e máis eficientes. Chegamos do pasado a este punto do presente grazas aos seus avances, e está claro que gran parte do futuro dependerá tamén dos seus éxitos.

Os grandes desafíos da sociedade de hoxe poden atopar reposta e solucións no traballo de moitos científicos e científicas. Non fai falta botar a vista moito tempo atrás para comprobalo: as vacinas foron o mellor remedio para unha pandemia que asolou o mundo. Pero os seus fitos son tamén fundamentais para outras cuestións vitais, como afrontar o cambio climático con enerxías verdes ou para avanzar no tratamento e supervivencia de enfermidades como o cancro.

Publicidade

Medios como Gciencia desenvolven un labor de divulgación fundamental, porque achegan á cidadanía, de forma comprensible, todo o que sucede na ciencia

Os novos descubrimentos e as súas aplicacións vanse sucedendo a un ritmo de vertixe, e a sociedade precisa entender e coñecer esas transformacións para poder formar parte delas. É aí onde medios como Gciencia desenvolven un labor de divulgación fundamental, porque achegan á cidadanía, de forma comprensible, todo o que sucede na ciencia; porque poñen en valor o labor impagable dos científicos; e porque sitúan o foco sobre unha Galicia que acubilla moita ciencia e profesionais de primeiro nivel. Non en van, nos últimos anos tense producido un gran auxe do noso ecosistema de I+D+i, con especial preponderancia de sectores como o aeroespacial, a biotecnoloxía ou as tecnoloxías cuánticas, campos nos que Galicia está chamada a desempeñar un papel referente. Pero, por suposto, a ciencia é aínda moito máis: é tamén a que nace nas universidades, ou as vocacións dos nenos e nenas que, desde os colexios, aspiran a ser como os seus referentes.

Polo tanto, garantir o futuro da ciencia é un deber inescusable que pasa por apoiar aos investigadores, por asegurarnos de que haxa canteira e por explicar e transmitir os seus logros. Se garantimos o futuro da ciencia, estaremos tamén asegurándonos un desenvolvemento sostible, un mundo mellor e un coñecemento máis profundo sobre todo o que nos rodea. Estaremos, ao fin e ao cabo, salvagardando o noso propio futuro. Sigamos facéndoo todos xuntos.

Publicidade

Alfonso Rueda Valenzuela
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente da Xunta de Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía