Boas novas para a ciencia galega

O nacemento de Gciencia hai 10 anos, unha iniciativa novidosa, ambiciosa, arriscada e eu diría cunha boa dose de romanticismo, foi no seu día unha moi boa nova para a ciencia galega. Difundir os principais fitos alcanzados por científicas e científicos galegos, e ademais en galego, e que tivera unha receptividade significativa a nivel xeral da sociedade era un reto difícil de atinxir.  

Hoxe, transcorridos dez anos, a boa nova é incluso máis boa. Supón, nada menos, que a consolidación dun modelo orixinal, creativo e con ampla aceptación social que foi recoñecido a través dos premios máis prestixiosos de xornalismo científico a nivel galego e español. Gciencia é hoxe un elemento dinamizador relevante do sistema galego de ciencia e tecnoloxía.

Publicidade

Gciencia é hoxe un elemento dinamizador relevante do sistema galego de ciencia e tecnoloxía

A divulgación científica ten a dupla misión de informar á sociedade sobre temas de interese xeral (saúde, medio ambiente, tecnoloxía, economía…)  pero tamén un papel concienciador, transmitindo o rol da ciencia como motor, como ferramenta imprescindible de cambio económico e social. E nestas dúas orientacións, o traballo de Gciencia está conseguindo, paseniñamente pero con solidez, transmitir á sociedade galega os valores científicos, obxectivo que compartimos plenamente dende a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). 

Por isto mantemos con Gciencia unha moi estreita colaboración estable en varias iniciativas e proxectos, nomeadamente para a edición da revista A Ciencia en Galicia que nestes momentos ten unha moi notable difusión estando xa dispoñible en tódalas bibliotecas públicas (universitarias e municipais) de Galicia.

Publicidade

Parabéns e longa vida a Gciencia!

Juan M. Lema Rodicio
Juan M. Lema Rodicio
Presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)

2 COMENTÁRIOS

  1. Parabéns a GCiencia. Como presidente do comité editorial da revista da RAGC “A Ciencia en Galicia” súmome ás louvanzas do meu presidente da RAGC e desexo que a nosa colaboración continue nos vindeiros anos.

  2. Parabens a Tod@s por esta decada da comunicacion cientifica,natureza,universo etc…
    PArABENS de❤.
    E por ende a todalas persoas que que o fan posible e aos que o reciben.
    ¡ SAUDE!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago