O incrible vídeo dunha aguia cazando un raposo cun coello

Só durou un instante salvaxe e fugaz, pero durante 8 intensos segundos unha aguia, un raposo e un coello voaron polo ceo como un só. Nunha escena incriblemente rara, os fotógrafos capturaron o momento no que unha aguia calva se botou sobre un raposo vermello que agarraba un coello, e no seu intento de arrebatar a presa do raposo, todo o trío lanzouse ao aire.

O episodio surrealista é un exemplo dramático de cleptoparasitismo , onde un animal rouba comida ou a presa doutro. Estas imaxes foron tomadas no Parque Histórico Nacional Illa San Juan no estado de Washington en maio deste ano. O fotógrafo de natureza Kevin Ebi de Living Wilderness asistiu a asombrosa escena. “Sorprendeume e asombroume”, dixo a cadena de televisión ABC: “Nunca antes vira isto. Este é de lonxe o encontro de caza de aguia calva máis incrible que vin”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O auxe do enoturismo en Galicia: unha tradición milenaria que cada vez atrae máis visitantes

A Ruta do Viño das Rías Baixas e as cinco Denominacións de Orixe do territorio confirman o interese crecente pola identidade vitivinícola galega

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación

A provincia da Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro cun 47,4% do total

Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática revela o impacto das industrias enerxéticas fósiles no norte da comunidade

CENTUM, tecnoloxía galega para misións nas que cada segundo conta

A empresa viguesa, galardoada co Premio GCiencia Galicia Spin-Off na categoría de Selo de Calidade, desenvolve sistemas aeronáuticos para emerxencias, seguridade e defensa