2015: Ano Internacional da Luz

O Ano Internacional da Luz (IYL2015, no seu acrónimo en inglés) comezou oficialmente en España este 16 de febreiro, nun acto académico celebrado en Barcelona no que participaron medio milleiro de persoas, incluídos prestixiosos investigadores e expertos do eido da ciencia y das tecnoloxías baseadas na luz. Ó longo deste ano, o comité español desenvolverá múltiples actividades por toda a xeografía do país para concienciar á sociedade da importancia da luz e das súas tecnoloxías asociadas en áreas tan diversas como a enerxía, a educación, a saúde, a comunicación ou o medio ambiente.

O 20 de decembro de 2013, a Organización das Nacións Unidas (ONU), na súa 68ª Asemblea Anual proclamou este como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz. 

Publicidade

Galicia inaugurou o Ano da Luz o 19 de xaneiro pasado e é, polo momento, a única comunidade autónoma cun sitio web propio enlazado na páxina oficial do Ano da Luz en España, canda os portais internacional e latinoamericano.

No ámbito das conmemoracións do IYL2015 en Galicia, e co apoio de diferentes organismos e patrocinadores, organizaranse diferentes actividades abertas ós cidadáns, incluídos concursos que irán sendo anunciados no sitio web oficial e que terán un especial enfoque para alumnos dos diferentes niveis de ensino, dende o infantil a estudos superiores. Das actividades realizadas se seleccionarán as mellores obras, que quedarán dispoñibles baixo licenza creative commons para ser incorporadas ás diferentes actividades sen ánimo de lucro do IYL2015-Galicia, como exposicións ou publicacións divulgativas. Os concursos en marcha son:  “o literario “Qué é a luz para ti?”, o gráfico “As mil e unha luces” e o científico “Coas máns na luz”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Nobel de Medicina para Karl Deisseroth, Peter Hegemann e Georg Nagel polos seus achados no campo da optoxenética

O Instituto Karolinska de Estocolmo resalta os achados dos investigadores sobre as canles iónicas activadas por luz e o descubrimento da proteína canalrodopsina