Repositorio institucional Minerva, da Universidade de Santiago.

Repositorio institucional Minerva, da Universidade de Santiago.

A Universidade de Santiago deposita a súa sabiduría na rede

O repositorio Minerva oferta 1.143 teses, 5.000 artículos en revistas e 4.000 fondos bibliográficos patrimoniais

A produción científica da USC estará accesible nun único punto en acceso aberto a través do repositorio institucional Minerva, no que se poderán consultar as coleccións bibliográficas dixitalizadas e a produción investigadora e docente dos membros da institución docente compostelá.  Minerva alberga, preserva a difunde por esta canle os documentos dixitais resultantes das actividades de investigación e docencia da USC.  Así o anunciou o reitor Juan Casares, que salientou o carácter aberto da iniciativa.

Minerva será un escaparate e unha aposta pola difusión do coñecemento en Acceso Aberto, dando cumprimento así ao sinalado pola Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación e a Declaración de Berlín sobre Acceso Aberto ao Coñecemento nas Ciencias e as Humanidades. O cambio fundamental con respecto ao recursos previos será a transición a un sistema de autoarquivo que pon o acento no/a usuario/a , xa que o persoal rexistrado poderá subir ao repositorio a súa produción científica e darlle máis visibilidade. Esta é unha iniciativa que promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica como medio para mellorar o sistema de comunicación científica e o acceso ao coñecemento.

Cinco grandes comunidades

Inicialmente estará organizado en cinco grandes comunidades: Biblioteca Universitaria, I+D+i, Docencia e innovación educativa, Institucional e Arquivo Histórico Universitario, que á súa vez se organizarán en subcomunidades temáticas que agrupan os seus contidos en coleccións. Na actualidade xa están dispoñibles preto de 1.200 teses de doutoramento (239 defendidas en 2013), aproximadamente 5.000 artigos de revistas publicadas pola USC e 4.000 fondos bibliográficos patrimoniais. A partir deste punto, estas cifras seguirán incrementándose ao fío da propia actividade universitaria nun exercicio de transparencia e responsabilidade social que vén democratizar aínda máis o coñecemento, sinalou o reitor na presentación.

O reitor Juan Casares salientou que Minerva emprega software libre, dentro da liña estratéxica da propia USC. A tecnoloxía elixida é o código aberto Dspace, proxecto recoñecido entre as mellores solucións existentes neste ámbito.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.