Xoves 28 Marzo 2024

As universidades galegas mantéñense entre as máis comprometidas co software libre

Mellores universidades españolas en software libreAs tres universidades galegas mantéñense entre as dez máis comprometidas en España en uso e difusión de software libre. Así o reflicte o novo Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL) deste ano, na súa cuarta edición, e no que se avalían un total de 76 universidades de todo o Estado. Os novos datos actualizados sitúan de novo a Galicia como a segunda comunidade autónoma nesta materia, só superada polas Illas Canarias.
A Universidade da Coruña (UDC) segue a ser a máis destacada entre as institucións públicas de ensino superior galegas, ocupando o sexto posto nesta clasificación, pero, ao igual que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) —oitava—, cae dous postos. Pola súa banda, a Universidade de Vigo mantense no décimo lugar.
“As universidades galegas manteñen os bos resultados obtidos no ranking do ano pasado, polo que Galicia, xunto ás Illas Canarias, segue sendo unha das comunidades autónomas nas que máis se difunde a filosofía do software libre. Tamén debe destacarse Andalucía, con cinco universidades no terzo superior da táboa. Porén, a comunidade autónoma que experimentou un crecemento máis notable neste sentido é a Comunidade Valenciana. E non só porque, como xa vimos, a UMH e a UPV conseguiron irromper entre as cinco e as quince primeiras clasificadas, respectivamente, senón tamén porque a Universidade de Alicante mellorou o seu IDSL en case 20 puntos para colocarse no undécimo posto, e os seus resultados na dimensión docente deste estudo superan aos das tres primeiras clasificadas”, salienta o informe.
Canda as galegas, neste top 10 aparece destacada como primeira a Universidade de Granada, seguida polas de Las Palmas de Gran Canaria (2ª), La Laguna (3ª), a Miguel Hernández de Elche (4ª), Zaragoza (5ª), Sevilla (7ª) e a Politécnica de Catalunya (9ª), esta última, a única novidade este ano entre as dez primeiras.

Clasificación

Posición IDSL Universidade

100.00%

Universidad de Granada

65.80%

Universidad de Las Palmas de Gran Canaria

62.25%

Universidad de La Laguna

58.63%

Universidad Miguel Hernández de Elche

47.74%

Universidad de Zaragoza

46.02%

Universidade da Coruña

34.65%

Universidad de Sevilla

34.45%

Universidade de Santiago de Compostela

32.78%

Universitat Politècnica de Catalunya
10º

29.25%

Universidade de Vigo
 
O compromiso das universidades españolas co software libre mídese mediante o seu  Índice de Difusión del Software Libre (IDSL), que se calcula a partir de 65 indicadores que analizan 11 dimensións diferentes: administración, produción, colaboración externa, investigación, axuda, docencia, cultura en software libre, tecnoloxía, divulgación, webmetría e institución. A puntuación global de cada universidade é o índice IDSL, valor que indica o esforzo que realiza unha universidade por difundir o software libre, en relación á que máis o difunde. Así, a primeira clasificada ten un IDSL de 100 e o resto un valor entre 0 e 100 en proporción á promoción que realizan do software libre. Malia a boa posición das universidades galegas, os seus índices están lonxe das dúas primeiras nesta clasificación, especialmente a de Vigo.

1 comentario

  1. Som trabalhador da USC, há pouco solicitei se poderia instalar linux no meu computador do trabalho e respostarom-me dos Serviços Informáticos que NOM!! era possível.
    Nom sei quem da esses indicadores pero eu nom me crio nada de que a USC tenha esse 34’45%

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

As ‘Cantigas de Santa María’, traducidas por vez primeira ao galego actual

A versión realizada polo Grupo de Románicas da USC estará dispoñible na páxina web do Centro Ramón Piñeiro