Venres 26 Abril 2024

A USC reduce no 2015 o seu déficit en 1,6 millóns de euros

A USC pechou o exercicio económico correspondente a 2015 cun superávit de 1,6 millóns de euros, o que permite reducir déficit a unha maior velocidade do previsto inicialmente polo Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, documento que define a estratexia económica da USC para absorber o déficit acumulado da institución académica (preto de 14 millóns de euros a finais de 2014). As estimacións previstas para 2015 eran dun superávit de 67.000 euros.

A memoria anual foi o punto central do Consello de Goberno que a Universidade de Santiago celebrou este martes e no que o xerente José Manuel Villanueva Prieto deu conta dos principais indicadores económicos da institución compostelá durante o pasado ano e do grao de cumprimento do Plan de Reequilibrio. As vías para alcanzar este primeiro balance positivo das contas universitarias foron a contención do gasto corrente, a renegociación da débeda e a implementación dun plan de mellora na xestión e captación de ingresos ao longo de 2015, ano no que tamén se ten negociado o novo plan de financiamento do Sistema Universitario Galego e cuxa vixencia comezou en 2016.

Publicidade

O superávit rexistrado durante o pasado ano e a súa conseguinte incidencia na redución do déficit mostra, en opinión do reitor Juan Viaño, os froitos do esforzo asumido polo conxunto da comunidade universitaria. O reitor apelou á necesidade de seguir traballando na mesma liña na procura de avances significativos que permitan remontar a actual situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións