Venres 26 Abril 2024

Esta noite hai Lúa Azul, só visible cada tres anos

A noite deste venres 31 de xullo poderá vese a ‘lúa azul’, unha expresión que fai referencia á segunda lúa chea nun mesmo mes, algo que adoita acontecer cada tres anos. A denominación foi acuñada en torno a 1940, a raíz dun popular refrán anglosaxón. Aínda que esta noite o noso satélite non cambiará realmente de cor, erupcións volcánicas e incendios forestais permitiron ver lúas verdadeiramente azuladas.
Porque unha das expresións populares dos anglosaxons é ‘Once in a bluemoon‘ (algo así como ‘unha vez cada lúa azul’) para referirse a algo raro, que non sucede case nunca ou, mesmo, que é absurdo. Pero en ocasións os astros alíñanse e, a noite do 31 de xullo será unha desas poucas veces. A canción titulada ‘Bluemoon‘ ten relación con este fenómeno.
Por segunda vez neste mes, a Lúa está a punto de converterse nunha lúa chea. A primeira foi o 2 de xullo, e agora aproxímase a segunda, o 31 de xullo. Segundo o folclore moderno, cando hai dúas lúas cheas nun mesmo mes, a segunda é ‘azul’.

A vindeira Lúa Azúl poderá contemplarse a finais do mes de xaneiro de 2018

Se lle tivese dito a alguén na época de Shakespeare que algo acontece “unha vez cada lúa azul”, esa persoa non lle tería atribuído ningún significado astronómico á expresión. A lúa azul simplemente referíase a algo infrecuente ou sen sentido. Dende entón, non obstante, o seu significado cambiou.
A definición moderna xurdiu na década de 1940. A revista ‘Sky & Telescope‘ publicou un artigo en 1946 titulado ‘Unha vez cada lúa azul’. O autor, James Hugh Pruett (1886-1955), opinou que “a segunda (lúa chea) nun mes, segundo a miña interpretación, se chama lúa azul”. A maioría das lúas azuis vense pálidas e brancas, ao igual que a Lúa que vemos en calquera outra noite. O só feito de incluír unha segunda lúa chea nun mesmo mes do calendario non cambia a súa cor. Non obstante, en raras ocasións, a lúa pode volverse azul.
Para que a Lúa se vexa realmente azul necesítase xeralmente unha erupción volcánica. En 1883, por exemplo, víronse lúas azuis case todas as noites despois que o volcán indonesio Krakatoa explotase coa forza dunha bomba nuclear de 100 megatóns. Penachos de cinza eleváronse ata o cume da atmosfera da Terra… e a Lúa volveuse azul!

Iso debeuse ás cinzas do volcán. Algúns dos penachos estaban cheos de partículas de 1 micron de ancho, o que é practicamente igual á lonxitude de onda da luz vermella. As partículas deste tamaño especial son ideais para dispersar a luz vermella, mentres que permiten o paso da luz azul. Deste xeito, as nubes do Krakatoa actuaron como un filtro azul.

Publicidade

Nas erupcións do Krakatoa ou do Pinatubo houbo auténticas lúas azuis

Tamén se observaron lúas azuladas en 1983 despois da erupción do volcán El Chichón, en México. E existen informes de lúas azuis causadas polo monte Santa Helena, en 1980, e polo monte Pinatubo, en 1991. Os incendios forestais poden facer o mesmo truco. Un exemplo famoso é o xigante incendio que tivo lugar nos lamazais de Alberta, Canadá, en setembro do ano 1953.
Nesta época do ano, os incendios forestais de verán a cotío producen fume con abundancia de partículas de tamaño micrométrico; iso é xusto o tamaño correcto para facer que a Lúa se volva realmente azul. Esa noite do 31 de xullo mire cara ao Leste e observe que cor ten a Lúa. E non se distraia, porque este fenómeno -que adoita acontecer cada tres anos- non se poderá volver gozar ata xaneiro de 2018.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150