Venres 26 Abril 2024

Canto vale o teu perfil de Facebook?

Unha nova ferramenta de uso gratuíto, denominada Facebook Data Valuation Tool (FDVT), foi desenvolvida por enxeñeiros do departamento de Telemática da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M). A tecnoloxía permite visualizar os ingresos por publicidade que xera cada usuario de Facebook. A iniciativa está parcialmente financiada polo Data Transparency Lab, impulsado polo MIT, Telefonica e Mozilla, que promove a transparencia na internet, co obxectivo de concienciar aos usuarios da importancia de protexer a súa privacidade dixital.

A aplicación, lanzada recentemente e que funciona en Facebook e no navegador Chrome, axuda a visualizar en tempo real os ingresos por publicidade que vai xerando a navegación na rede social. Para a súa utilización, o usuario só ten que descargar a aplicación e facilitar uns datos básicos sobre a súa identidade (idade, xénero, estado civil, intereses, localización, etc.) para que a ferramenta identifique o valor económico do seu perfil no mercado da publicidade, un sector volátil sometido a unha oferta e demanda moi variables.

Publicidade

O usuario só ten que descargar a aplicación e facilitar uns datos básicos

“Evidentemente, cada un de nós temos un prezo, por tanto, a ferramenta darache a valoración que ti estás a xerar”, din os irmáns Ángel e Rubén Cuevas, profesores da UC3M e desarrolladores da aplicación xunto con José González, un estudante de doutoramento. “Cando te conectas a Facebook e recibes un anuncio, o que facemos é obter a valoración, o prezo que os anunciantes pagan por mostrarche ese anuncio a tí, así como o prezo que eses anunciantes pagan por cada clic que fas nun deses anuncios”, explican.

O custo medio dun usuario en España vén ser a metade que un de Estados Unidos, pero é importante entender que ese valor cambia ao longo do tempo, engaden. Facebook ingresa diñeiro por publicidade continuamente, “mesmo cando o internauta dentro da súa plataforma nin sequera pica nos anuncios”, explican. Cada vez máis o sector da publicidade “perfila ata o último detalle” dos seus potenciais clientes, aos que dirixen anuncios personalizados en función das súas características persoais para mellorar o seu rendemento, asegura Ángel Cuevas.

O custo medio dun usuario en España vén ser a metade que un de EE.UU.

Debe garantirse un equilibrio entre esa personalización da publicidade (que pode ser consentida expresamente polo usuario para mellorar a súa experiencia) e a garantía de manter os seus dereitos fundamentais, engade. É importante que as empresas que manexan publicidade sexan transparentes nas súas actuacións cos datos doutros, insisten os investigadores. “Non queremos demonizar nin a Facebook, nin a Google, nin a ningunha outra plataforma por xerar beneficios coa publicidade, un sector sen dúbida xerador de crecemento económico e emprego”, afirman. Ao que se insta ás empresas con este tipo de ferramentas é a actuar con transparencia á hora de informar sobre que fan cos datos de terceiras partes, subliñan.

A ferramenta foi desenvolvida no marco do proxecto europeo e forma parte do proxecto europeo TYPES (Towards transparencY and Privacy in the onlinE advertising business) do programa Horizonte 2020. Empresas como Telefónica I+D, a rede EURECAT, a Asociación de Usuarios da internet (AUI) ou IAB Europa forman parte do consorcio internacional que impulsa o proxecto europeo TYPES, cunha participación española en torno ao 50%. No proxecto participan tamén entidades de Alemaña, Grecia e Israel.

Aquí se pode descargar esta ferramenta web

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A estraña tendencia de TikTok que destrúe ósos e vasos sanguíneos

O 'bone smashing' consiste en someter a cara a un traumatismo golpeándoa varias veces coa esperanza de mellorar o aspecto físico

Por que teñen tanto éxito os discursos anticientíficos?

O 'terraplanismo', os 'movementos antivacinas' e o 'negacionismo climático' son conceptos que se popularizaron nos últimos anos

O uso de redes sociais está relacionado co desenvolvemento de trastornos da conduta alimentaria

O estudo apunta que o 90% das persoas afectadas son mulleres e que é necesario impulsar a prevención na adolescencia

Twitter volve sufrir unha caída a nivel mundial

Fai case dúas horas que comezaron a rexistrarse problemas para publicar e seguir a usuarios nesta rede social