Venres 26 Abril 2024

As persoas que viven en pisos máis altos envellecen antes

Físicos do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) de EUA comprobaron con reloxos superprecisos que unha persoa envellece máis rápido se está un par de chanzos máis arriba nunha escaleira. A diferenza é extremadamente pequena, de mil millonésimas de segundo, como reflicte o artigo publicado por ‘Science‘. A investigación podería servir para obter medicións máis precisas da Terra e o seu campo gravitatorio.
Os científicos realizaron estes novos experimentos de ‘dilatación do tempo‘ comparando as medicións entre un par dos mellores reloxos atómicos experimentais do mundo. Estes reloxos, case idénticos, baséanse no “tictac” dun único ión de aluminio (un átomo de aluminio cargado electricamente), que vibra entre dous niveis de enerxía máis de mil billóns de veces por segundo.

Os reloxos con átomos de aluminio son máis precisos que os que usan cesio

Un destes reloxos mantense en hora cunha precisión dun segundo durante uns 3.700 millóns de anos e o outro dispón dunhas prestacións lixeiramente inferiores. Os dous reloxos están situados en distintos laboratorios do NIST e están conectados entre si por unha fibra óptica de 75 m de lonxitude.
Os reloxos de aluminio -tamén denominados “reloxos lóxicos cuánticos” porque utilizan técnicas de toma de decisións adaptadas da computación cuántica experimental- son tan precisos e estables que revelan pequenas diferenzas que non se puideran ver ata agora. Funcionan lanzando luz láser sobre os ións a frecuencias visibles, maiores que as de microondas que se utilizaban nos actuais reloxos atómicos estándar baseados no átomo de cesio.
Os reloxos ópticos poderían chegar nun futuro a estándares temporais cen veces máis precisos que os dos reloxos estándar actuais. Os de aluminio poden detectar pequenos efectos baseados na relatividade grazas á súa extrema precisión e a un alto ‘factor Q, unha cantidade que reflicte a fiabilidade coa que o ión absorbe e retén a enerxía óptica ao cambiar entre un nivel de enerxía e outro, segundo o investigador postdoutoral do NIST James Chin-Wen Chou, primeiro autor do artigo.
Así que vivir nun piso alto acelera o envellecemento das persoas. Pero isto só é unha curiosidade científica. A realidade é que o experimento permitirá facer medicións máis precisas do tempo no planeta Terra.

Publicidade

Podes ler máis sobre esta investigación
neste enlace da revista Science

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volve a chuvia a Galicia: unha borrasca atlántica deixará unha fin de semana de inestabilidade

O mércores será un día de transición e o xoves empezarán as precipitacións polo aire frío situado nas capas altas da atmosfera

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

Unha DANA trae aire africano a Galicia e dificulta a predición para Semana Santa

Esta fin de semana agárdase tempo seco na comunidade pero a partir do luns aumentan as probabilidades de chuvia

A primavera arrinca cun potente anticiclón que disparará os termómetros ata os 27 graos

Este luns entra aire frío en altura e pola tarde choverá con carácter tormentoso no interior da comunidade