Venres 26 Abril 2024

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller presenta dúas mostras en Lalín

A vila natal do astrónomo galego acolle unha exposición sobre os 50 anos da chegada á Lúa e outra sobre os 75 do observatorio que impulsou

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela abriu esta fin de semana dúas exposicións na vila natal do célebre astrónomo galego. As mostras enmárcanse no programa Todocosmos, desenvolvido co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), e están comisariadas polo profesor José Ángel Docobo e como colaboradores, Pedro Pablo Campo Díaz e José Ramón González Romay.

As dúas exposicións, que estarán abertas ata o 31 de marzo, conmemoran dúas efemérides clave a nivel local e global na astronomía. No auditorio de Lalín está a mostra “50 aniversario da chegada do home á Lúa”, coa que se pretende explicar a todos os públicos a relevancia da alunizaxe en 1969. Aborda desde os inicios da astronáutica ata as misións espaciais actuais e os proxectos de futuro. Tamén dá conta dos principais logros das distintas axencias espaciais, incluíndo as misións de carácter astronómico, as diferentes viaxes non tripuladas a Marte e o descubrimento de auga neste planeta, ou a recente chegada á cara oculta da Lúa.

Publicidade

E na Casa Museo Municipal de Lalín estará a mostra que conmemora o 75º aniversario do OARMA e a recuperación das instalación astronómicas do Padre Aller en Lalín. Como poderá observarse, a investigación astronómica en Galicia da man de Ramón María Aller iniciouse en Lalín a comezos do pasado século.

Observatorio Ramón María Aller: 75 anos mirando cara ao ceo

A produción científica do matemático e astrónomo na súa vila natal (observacións de multitude de fenómenos, edición de libros, artigos en revistas profesionais, deseño de instrumentación, creación dun observatorio, etc.) chamou a atención tanto da Universidade como do CSIC, de tal xeito que en 1943-44 se produciu o traslado de toda a súa instrumentación e biblioteca ao novo Observatorio universitario.

Con esta mostra quérese poñer en valor a extraordinaria bagaxe investigadora, académica e divulgativa do Observatorio nestes últimos 75 anos, ao tempo que busca lembrar as súas orixes en Lalín, cuxo observatorio foi recuperado en 2011.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

O inverno chega este venres ás 4.27 horas con tempo seco e frío

A nova estación comezará cun ambiente anticiclónico que se prolongará, como mínimo, ata o Nadal e rematará o 20 de marzo

Cinco libros para agasallar ciencia este Nadal

Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías